É o final?

Que fago?
Esa foi a pregunta máis pronunciada hoxe,
saíndo da miña boca para estrelarse no chan,
igual cas bagoas que dos meus ollos asomaban.
 
Logo viñeron os gritos,
uns gritos de rabia e impotencia,
eu só escoitaba e choraba.
 
Un desexo de morte e desaparición,
chegou os meus oídos
en forma de palabras,
só puiden calar…
 
E despois… só se oía o silencio incómodo,
expresaba todo, sen necesidade dun chío.
 
error: Contenido protegido. Copyright © Noly Quevedo